your site name
X

a*sombra producións é unha produtora galega que dende fai case unha década está enfocada na creación de produtos audiovisuais e na dinamización cultural dentro de Galicia. A actividade de a*sombra producións estendese aos campos da televisión, á publicidade, á creación de ficción e documental, incluso a dinamización do sector a través de festivais como o Curtopía de Vigo.

No campo da creación documental realizamos os documentais Gándaras de Budiño e Riberas do Louro e Cabo Verde, a rede cooperante.

Nos anos 2008 e 2009 diriximos un obradoiro de creación de curtametraxes para mozos no que se crearon un total de 10 curtas orixinais. Este proxecto desembocou na organización do Festival Vigounhaedez. En 2010 nos embarcamos na produción do Festival internacional de curtametraxe de Vigo, Curtopía 2010.

Nos últimos anos, diriximos proxectos para televisión como Galicia Connection para V Televisión, e realizamos Nuestros Vinos para Televigo, ou Planeta Cine e Zona Urbana para Localia Vigo.

No campo da publicidade traballamos cas principais institucións públicas e privadas de Galicia. Elaboramos a comunicación audiovisual da Campaña Mundial pola Educación en Galicia nos anos 2010 e 2011. Traballamos para os principais festivais musicais como Vigo Transforma, Cultura Quente, FAX, Sinsal ou Sonar Galicia. Realizamos spots para algúns dos principais concellos de Galicia, como Vigo, Pontevedra ou Cangas do Morrazo.

No mundo do videoclip colaboramos con algúns dos principais directores galegos en traballos para Sidonie, Vetusta Morla, Eladio y los Seres Queridos o el Puto Coke.

Case unha década adicada á creación e difusión da cultura audiovisual galega.